jueves, 14 de octubre de 2010


Yolanda Castaño
Había un labio húmido
descolgado en guirlandas serosas a rebentar moi lento
esgazando un gromo así descortizado
retorcéndose para desenvaiñarse, para
destrabar todo de golpe
que unha maré me desborda.

Seica o xabrón esvara moi viscoso polas pernas.

Había un labio lácteo
apoteósico
a rebosar.
Desorbitar os rebordos
e todo verquido.

Un labio lento
violento
a derreterse na abundancia

saíndose por fóra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario